Deltacargo procede á firma do convenio de cooperación co “Programa Integrado de emprego “E-COM II” do concello de Santiago de Compostela 2021 , que ten como obxectivo a dinamización do mercado de traballo local, a través da promoción de oportunidades e capacidades de cara a inserción de desempregados e a intermediación laboral.
Fruto de dita colaboración temos o pracer de contar con Beatriz Vila e María Neiro, que se adentran na coordinación da loxística e transporte, da man de dous dos nosos Supervisores de Equipo máis veteranos, Abel Sanmartín e Yésica Suárez.