Transporte Industrial

DELTACARGO ofrece un servizo de loxística integral a todo tipo de sectores. Sexa cal sexa a súa mercancía, podémolo asesorar en función das necesidades do seu produto. Transportamos cargas urxentes e sobredimensionadas, dispoñemos de avións chárter para operacións contractuais, cargas de gran volume e servizos “just in time “.

Téxtil

transporte-textil

Desde a apertura da empresa en 1989, DELTACARGO consolídase coma o principal transitario español no sector téxtil. Una estreita relación con empresas do sector téxtil con proxección internacional fortaleceunos coa experiencia e infraestrutura necesaria para calquera operación de importación ou exportación que desexe realizar.

Ofrecemos controis de calidade de prendas, porte de prenda colgada, almacenamento e distribución de mercancías e calquera xestión aduaneira precisa. Sabemos como axudarlle.

Alimentación

transporte-alimentacion

O transporte de mercadorías perecedoiras debe cumprir unha serie de estritas normas destinadas a preservar a súa salubridade e frescura co que se fai necesario dispoñer dos medios que faciliten a súa conservación e transporte.

En Deltacargo dispoñemos da capacidade, infraestrutura e loxística necesaria para o transporte por mar, terra ou aire de calquera tipo de mercancía destinada ao consumo alimentario unha vez en destino.

Medios dispoñibles:

  1. Transporte aéreo: cámaras de conservación, cámaras frigoríficas.
  2. Transporte marítimo: colectores con temperatura controlada.
  3. Transporte terrestre: camións refrixerados.

Os medios dispoñibles así coma os nosos servizos de transporte de mercancías regulares a Baleares, Azores e Canarias facilitan enormemente que os seus produtos cheguen ao seu mercado de destino en condicións óptimas para o seu consumo.

CO APOIO DE: [:cat]AMB EL SUPORT DE: