APOIO Á CONTRATACIÓN DUN XESTOR DE INTERNACIONALIZACIÓN

Operación cofinanciada pola Unión Europea
Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020
Contratación xestores de internacionalización: (IG166)

Como apoio ao proceso de internacionalización da empresa DELTACARGO S.L.U, ten axuda concedida pola Xunta de Galicia a través do Igape para a contratación dun xestor, ao abeiro da convocatoria de axudas do Igape para a contratación de xestores de internacionalización, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE de Galicia 2014-2020 e incluídas no obxectivo temático 08 de conseguir formación e un emprego de calidade.

Fondo Social Europeo, O FSE inviste no teu futuro.
Estas axudas teñen como obxectivo facilitar a adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización e a incorporación ou reinserción ao mercado laboral, ao mesmo tempo que se apoian as pemes galegas no seu proceso de internacionalización. O resultado que se pretende é que os profesionais sigan contratados tras a súa participación no programa, na mesma empresa ou noutras, grazas á experiencia práctica recibida.

CO APOIO DE: [:cat]AMB EL SUPORT DE: