Deltacargo ten presenza nos máis importantes portos e aeroportos do mundo grazas a correspondentes e colaboradores directos. A nosa extensa rede de colaboradores permítenos optimizar custos e tempos para chegar a calquera destino que se precise.
MARCO DE TRABALLO PARA PROVEDORES
Como Operadores Económicos Autorizados, os envíos dos nosos clientes benefícianse de simplificacións aduaneiras e da nosa certificación como operadores seguros.
Neste contexto, buscamos relacións comerciais estables e duradeiras cos nosos provedores para que sexan unha extensión da nosa empresa e xuntos poidamos conseguir unha mellora continua nos servizos prestados.
Para acadar este obxectivo, pedimos aos nosos provedores que presten atención aos seguintes requisitos:
- Compromiso para actuar de forma ética e íntegra respectando a lexislación laboral vixente e os dereitos humanos.
- Responsabilidade, minimizando o impacto das nosas actuacións sobre o medio ambiente e estrito cumprimento da lexislación ambiental.
- Tolerancia cero fronte á corrupción en todas as súas formas.
- Profesionalidade e cualificación para prestar os servizos encomendados por DELTACARGO.
- Rapidez e axilidade na xestión das mercadorías enviadas, repartidas, entregadas ou transportadas por orde de DELTACARGO.
- Protección fronte ao acceso o manipulacións non autorizadas durante a produción, almacenamento, preparación, carga e transporte das nosas mercadorías.
- Almacenaxe, preparación e carga en instalacións seguras.
- Confidencialidade e cumprimento da lexislación en materia de protección de datos
- Información directa e puntual sobre os servizos prestados.