EMPRESA DE TRÁMITES ADUANEIROS

aduanas

DELTACARGO realiza todo tipo de trámites aduaneiros ante a Axencia Tributaria na modalidade de representación indirecta, en canto a presentación e tramitación de documentos, actos e formalidades, nos que interveñen por conta allea.

DELTACARGO acompaña ás empresas exportadoras en todo momento. A través dun avanzado sistema informático e a conexión vía EDI coa Axencia Tributaria, encargámonos de presentar as súas declaracións de importación, exportación e tránsito, así como de calquera outro trámite ante a Aduana e demais organismos oficiais.

Ademais, desde 2014 somos Operadores Económicos Autorizados. Grazas a esta certificación europea como operadores de confianza, os trámites aduaneiros son máis sinxelos e rápidos, ao tempo que contribuímos ao fortalecemento da cadea loxística en favor do comercio lexítimo. Conseguimos así acortar ao máximo os tempos de espera, para que o cliente reciba sempre a súa mercancía a tempo e no punto indicado.

Paralelamente, se o noso cliente o solicita, realizamos inspeccións para-aduanais de mercadorías e documentación, que aseguran un paso polas aduanas sen penalizacións nin retencións.

Grazas á nosa presenza, ben sexa directa o indirecta a través de colaboradores, DELTACARGO oferta solucións aduanais en todos os mercados internacionais.

CO APOIO DE: [:cat]AMB EL SUPORT DE: